Ao premerdes, abrirase unha nova lapela. Podedes entrar como convidados, escollede a modalidade do xogo, creade un pin e copiádeo. Moi importante: non pechedes esta lapela pois será onde se controle todo o xogo. Recoméndase activar a opción de mostrar as preguntas e respostas para as persoas participantes na configuración.
- Abride a aplicación nos dispositivos que vaiades empregar para xogardes ou noutra lapela do voso navegador, premendo aquí (kahoot.it).
- Pegade ou escribide o pin que se creou e premede en ingresar. Escollede un nome para xogardes.
- Despois volvede á primeira lapela e comprobade que aparece o nome que escollestes e comezade a xogar.
