 |
| Cartel número 10 da exposición |
Valdeorras é unha comarca
situada na parte norte oriental da provincia de Ourense (Galicia). Limita
ao norte coa provincia coa provincia de León; ao leste coa provincia de León;
ao sur
coa comarca de Viana e provincia de Zamora; e ao oeste coa comarca de Terras de
Trives e a comarca de Quiroga (Lugo).
Está composta por nove
concellos que suman máis de 900 km2 de superficie total: A Rúa,
Vilamartín de Valdeorras; O Barco de Valdeorras; Rubiá; Carballeda; A Veiga; O
Bolo; Larouco e Petín. A capital da bisbarra e a localidade con maior número
de habitantes
é O Barco de Valdeorras. En total, suma unha poboación aproximada de
25.500 habitantes (2021).
As fontes de economía son
principalmente a produción de lousa, a produción agraria-vitivinícola (con denominación
de orixe propia de viño) e o sector servizos (transporte e comercio).
Na comarca hai asentamentos
de vestixios romanos e medievais, pois era cruzada pola Vía Nova (vía romana
que unía Roma con Braga, Portugal). Hoxe en día, por unha parte do trazado pasa o
Camiño de Inverno, unha ruta alternativa do Camiño de Santiago. Grandes
construcións
(casas grandes, pazos, castelos, mosteiros...), igrexas, pontes romanas,
paisaxes de vales e montañas, Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
(Rubiá), sendas verdes, paseos e rutas fluviais, miradoiro astronómico, o cume
máis alto de Galicia (Pena Trevinca, con máis de 2.000 metros de altitude) son
algúns dos atractivos da zona, xunto con algunhas festas populares como a
festa gastronómica do botelo, da freba, as rutas de viño polas covas tradicionais
nas que se conserva esta bebida, e outras celebracións tradicionais, como o
Entroido, os Maios, as festas patronais, e eventos deportivos como o descenso
do Sil e outros
culturais e de promoción como a Feira do Viño de Valdeorras.
Pero valen máis unhas
imaxes que
a ilustren.
As fotografías que aparecen
aquí están
tomadas por mestres e mestras do CEIP plurilingüe Virxe do Camiño (Rubiá) e
outros membros da comunidade educativa, agás as que aparecen ao final,
recollidas de diferentes fontes de Internet.
 |
| Ponte de madeira sobre o río Farelos |
 |
| O Río Farelos ao seu paso polas proximidades de Córgomo e Arcos (Vilamartín de Valdeorras) |
 |
| Acios de uva mencía e garnacha (abaixo) |
 |
| Detalle da gama cromática das follas das cepeiras |
 |
| Exposición de traballos realizados polos centros educativos da comarca no patio da nosa escola |
 |
| Cartel sobre a a exposición da vida e obra de Florecio promovida por As Letras de Florencio |
 |
| Fachada do Santuario das Ermidas. s XIII - XIV (O Bolo) |
Cruceiro e fachada do Seminario no Santuario das Ermidas (O Bolo)
Detalle do letreiro da Biblioteca Municipal do Barco de Valdeorras
 |
| Poema que preside nunha das fiestras da biblioteca do Barco |
Escultura de Roi Dominguez na fachada da biblioteca do Barco, en homenaxe á FDG, ao Río Sil e ás cepeiras valdeorresas
Detalle da escultura. Folla de cepeira co rostro de Florencio Delgado Gurriarán
Detalle da escultura. Forma de libro co título de Bebedeira
Detalle da escultura
Casa da aldea de Córgomo decorada con caricaturas, imaxes e textos de autores galegos. Debuxos de Anxo Baranga
Detalle onde aparece a caricatura e un fragmento dun poema de Florencio Delgado Gurriarán
Acceso ao cemiterio de Córgomo
Entrada antiga do cemiterio de Córgomo
Panteón da familia de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo)
Nicho no que descansan os restos de Florencio Delgado Gurriarán a carón dos seus irmáns (Córgomo)
Vistas dos viñedos e soutos en Córgomo
 |
| Vistas dos viñedos e soutos en Córgomo |
Vistas do val do Barco de Valdeorras dende os viñedos de Córgomo
 |
| Vistas do Val de Vilamartín de Valdeorras dende os viñedos e piñeirais de Córgomo |
O Río Sil, no encoro de Santiago, ao seu paso polo Bañadoiro (Vilamartín de Valdeorras)
 |
| Vista panorámica e parcial do concello de Vilamartín de Valdeorras dende o camiño que une Fervenza (O Barco de Valdeorras) con Correxais (Vilamartín) polo que se cadra foi un trazado da Vía Nova |
Letreiro do Camiño de Santiago (Camiño de Inverno)

|
Fitos que indican o Camiño de Santiago polo Camiño de Inverno ao seu paso por Vilamartín
|
 |
| Detalle do retrato-mural en graffiti realizado polo artista Orde Kaos (Vilamartín de Valdeorras) dedicado a Florencio Delgado Gurriarán para a promoción como candidato ás Letras Galegas |
Souto de castiñeiros no outono e no inverno
Vista panorámica e parcial da localidade do Barco de Valdeorras e a contorna
Casa grande de Viloira, que noutrora foi residencia da familia da
escritora Elena Quiroga de Abarca (s XVII)
Detalle da entrada principal da casa grande de Viloira. Na actualidade é a sede comarcal da Xunta de Galicia e do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), entre outras entidades
Castelo de Torre Penela en Arnado (Vilamartín de Valdeorras) que nunca foi rematado (s XIX)

 |
| Torre do Castro (O Barco de Valdeorras) |
 |
| Pincheira da Fervenza (O Barco de Valdeorras) |
Ponte A Cigarrosa, de orixe romana, que une as localidades da Rúa e Petín, pola que discorría a Vía Nova.
Os miliarios romanos, que están expostos na outra beira da ponte Bibei (xa en Terras de Trives)

Un dos coñecidos como miliarios de Larouco, en realidade é unha columna romana conmemorativa da reconstrución da ponte Bibei
Ponte Bibei, a ponte romana mellor conservada de Galicia, que une Valdeorras coas Terras de Trives (concello ao que pertence), no trazado da Vía Nova
Detalle do miliario, onde se poden observar certas inscricións ou gravados
Vista de Larouco dende a baixada do alto da Ermida
Vistas do val de A Rúa
Prensa do viño restaurada e situada nunha rotonda da arteria principal da Rúa de Valdeorras
 |
| Ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) |
 |
| Torre da fortaleza medieval do Bolo |
 |
| Fonte da Perdiz nos montes limítrofes entre Cernego (Vilamartín de Valdeorras), o concello da Rúa e o de Quiroga (Lugo) |
Outras imaxes e fotografías atopadas na Rede:
 |
Praia fluvial dos Franceses (encoro de Prada). A Veiga Fonte: laregion.es |
 |
Vistas dende Pena Trevinca (A Veiga). Fotografía de F. Gainzarain. Fonte: https://goo.gl/maps/rpbNcpUcBikgaxZ6A
|